Ribadeume comeza o venres as súas festas
TerraChaXa
Serán tres días consecutivos e o 15 haberá tamén actividades
Orquestra
7 Ago 2024
Ribadeume, nas Pontes, dá comezo o venres ás súas festas na honra a Santa María e San Roque cunha verbena amenizada polos grupos Son II e Origen.
O sábado será o grupo Fussion o encargado da sesión vermú e tamén da verbena, na que estará ademais Foliada D'Ases.
O domingo día 11 a xornada dará comezo ás 13.15 cunha misa cantada por Airiños da Capela para continuar coa sesión vermú longa amenizada polo grupo Pasión.
O xoves 15 de agosto haberá unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Karamelo despois da misa solemne, prevista para as 12.00 horas.
Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto e que haberá atraccións para os nenos.