Riortorto acolle o torneo Pádel in Río os días 9, 10 e 11 de maio

Riortorto converterase no epicentro do pádel os días 9, 10 e 11 de maio coa celebración do torneo Pádel in Río, unha competición que reunirá tanto a deportistas femininas como masculinos nun ambiente festivo e deportivo.
O torneo contará con dúas categorías principais: feminina única e masculina única, e outorgaranse premios en puntos para as mellores parellas: 150 puntos para as gañadoras e 70 para as segundas clasificadas en cada categoría.
As inscricións están abertas ata hoxe, 4 de maio, cun prezo de 20 euros por persoa (15 euros para socios). As persoas interesadas poden anotarse chamando ao número 659 978 052 (Josiño).
A organización solicita ás persoas participantes que comuniquen calquera limitación horaria no momento da inscrición e lembra que é necesario presentarse con 15 minutos de antelación á hora marcada para os partidos.
Ademais da competición deportiva, o evento contará con baños, vestiarios, bar e música, garantindo así un ambiente cómodo e animado para todas as persoas asistentes.
O torneo conta coa colaboración do Concello de Riotorto e de diversos establecementos e empresas da zona, que apoian esta iniciativa deportiva e social.