Riotorto acolle un programa de educación e apoio familiar

TerraChaXa | AMariñaXa
O servizo, que conta cunha educadora familiar, poñerase en marcha todos os martes de 9.00 a 14.00 horas
nenos-xogando
Foto recurso
17 Ago 2024

O Concello de Riotorto acolle un programa de educación e apoio familiar. O servizo, que conta cunha educadora familiar, poñerase en marcha todos os martes de 9.00 a 14.00 horas na 2º planta da Casa do Concello. Trátase dunha iniciativa dispoñible para toda a poboación do Concello que conta con financiación e colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e dos Fondos Europeos.

0.10168695449829