Riotorto acolle unha xornada sobre saúde mental e emocional para familias

TerraChaXa | AMariñaXa
A actividade desenvolverase o día 11 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 horas
curso-saude-mental-e-emocional-para-familias
7 Oct 2025

O Concello de Riotorto será o escenario dunha xornada formativa dedicada á saúde mental e emocional das familias, que se celebrará o sábado 11 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz.

A actividade desenvolverase en horario de 09:00 a 14:00 horas e está acreditada por Afammer Provincia de Lugo e Grupo Forma-t, entidades especializadas na formación integral de empresas e no apoio a colectivos familiares.

A xornada busca ofrecer ferramentas prácticas e espazos de reflexión para mellorar o benestar emocional das familias e fortalecer a súa saúde mental, promovendo un entorno máis saudable e equilibrado no fogar.

Esta iniciativa forma parte do programa Corresponsables, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade, co apoio do Ministerio de Igualdad do Goberno de España.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 34 62 62 ou dirixíndose ás traballadoras sociais do concello.

 

⚙ Configurar cookies
0.1202130317688