Riotorto acometará as obras de mellora dos accesos a Aldurfe

TerraChaXa
O Concello de Riotorto adxudicou estes días a obra de mellora de accesos ao núcleo de Aldurfe, unha obra que executará Construcciones Isidro dentro dun mes.
Captura de pantalla 2020 07 30 a las 10.41.21
6 Ago 2020

O Concello de Riotorto adxudicou estes días a obra de mellora de accesos ao núcleo de Aldurfe, unha obra que executará Construcciones Isidro dentro dun mes.

Estas obras, que contan con achega do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais do Agader, teñe por obxecto proceder á mellora dun camiño público moi deteriorado debido á súa antigüidade, uso e inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo.
O camiño público sobre o que se proxectan actuacións discorre entre dúas explotacións agrícolas dando servizo a numerosas parcelas situadas entre elas. É un camiño que sal do núcleo rural de Aldurfe e conéctao coas explotacións que se sitúan á súa marxe oeste.

Trátase dun camiño que desde a LU- P-4404 discorre cara ao oeste virando cara ao norte nas proximidades do río Miñotelo. Na actualidade consta dun firme flexible formado por rega asfáltico que está bastante deteriorado. Ten unha lonxitude de 1.18 1metros e un ancho de entre 4 e 5 metros con sobreanchos puntuais nas interseccións.

As actuacións previstas para a mellora do pavimento deste camiño consistirán na extensión dunha capa de mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor executándose un bacheo previo con pedra e rego asfáltico en diferentes puntos. Tamén se procederá á limpeza e apertura de cunetas.

A obra ten un orzamento de 48.353,95 euros e o prazo de execución de dous meses.

0.10987615585327