Riotorto celebrará a súa quinta ruta das tapas a finais de mes

TerraChaXa
Os días 29 e 30 de novembro celebrarase a quinta edición da Ruta das Tapas de Riotorto.
69706724_10218814969632531_7460839882324180992_o
18 Nov 2019

Os días 29 e 30 de novembro celebrarase a quinta edición da Ruta das Tapas de Riotorto. Son un total de seis os establecementos hostaleiros do concello que ofrecerán as súas propostas á ruta do tapeo: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma, Café-Bar Volante e Mesón o Mazo.

O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de oito do serán a doce da noite, é de 2 euros.

Entre as persoas participantes sortearanse ata cinco premios: o primeiro de 200 euros, o segundo de 100 euros, o terceiro por un vale de 50 euros de queixos Don Hilario, o cuarto da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo e o quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Carteire.

Esta ruta está organizada un ano máis polo Concello de Riotorto para impulsar a hostalería da zona.

miriam
0.10070300102234