Riotorto celebrará o Entroido cunha festa e concurso o 24

TerraChaXa
O Riotorto C.
Captura de pantalla 2020 01 29 a las 12.28.04
3 Feb 2020

O Riotorto C.F. organiza o tradicional Entroido 2020 que será o luns 24 de febreiro a partires das 23.00 horas no pavillón do colexio de Riotorto. Contarán coa actuación do dúo musical Estrellas para amenizar a festa.

Haberá premios para os mellores disfraces, así na categoría de grupos e charangas o premio será de 500 euros, para parellas será de 200 euros e o individual levará 100 euros, unha contía máis elevada á do ano pasado.

Aquelas persoas ou grupos que queiran participar no desfile deberán inscribirse e estar no pavillón antes da media noite. O xurado valorará a orixinalidade e a simpatía dos participantes.

84014026_10220926295455229_5677150551389765632_o
0.098309993743896