Riotorto conta cunha nova centenaria

O Concello de Riotorto conta cunha nova centenaria, trátase de Alicia Cabo Rodríguez, que celebrou esta semana o seu centenario.
A familia da veciña de Riotorto celebrou unha festa para conmemorar a data e por parte do Concello recibiu un agasallo, consistente nunha placa de prata.