Riotorto contará coa I Baixada de Carrilanas este ano
Presentouse a primeira baixada de carrilanas de Riotorto un evento que consiste na proba e baixada polas estradas riotortensas de vehículos de inercia e que terá lugar o domingo 30 de xullo de 2022.
A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, un club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudas aos negocios.
Esta proba convértese na primeira confirmada para este ano 2022 á espera de que Abadín e Meira tamén confirmen as datas de celebración das súas, e que previsiblemente sexan arredor desas datas para favorecer o turismo.
A provincia de Lugo xa conta con varias probas en diferentes concellos, como no de Meira, que chega a terceira proba, Abadín, que acollerá a XIX edición do seu famoso descenso, e A Pontenova, Alfoz e Ribeira de Piquín que serían as segundas edicións.