Riotorto fixo entrega dos premios da V Ruta das Tapas

TerraChaXa
O Concello de Riotorto fixo entrega dos premios da V Ruta das Tapas, celebrada os días 29 e 30 de novembro .
Captura de pantalla 2019 10 17 a las 12.52.23
12 Dec 2019

O Concello de Riotorto fixo entrega dos premios da V Ruta das Tapas, celebrada os días 29 e 30 de novembro .

Así, o primeiro premio, de 200 euros, foi para Enrique Méndez de Acebro que foi agasallado, o segundo de 100 levouno Dominica Vidueiro de Riotorto, o terceiro cun vale de 50 euros de queixos Don Hilario foi para Manuel Andión de Meira, o cuarto premio da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo levouno Alberto Cazolga de Lourenzá e o quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Carteire foi para Iria Goyos de Riotorto.

0.20632886886597