Riotorto instalará 27 contedores marróns para a recollida de biorresiduos

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto anunciou que colocará proximamente 27 contedores marróns para potenciar a recollida selectiva dos biorresiduos, no marco dun proxecto que leva a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea-Next-GeneratioEU.
contedor marron recilaxe illa contadore
8 Out 2023

O Concello de Riotorto anunciou que colocará proximamente 27 contedores marróns para potenciar a recollida selectiva dos biorresiduos, no marco dun proxecto que leva a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea-Next-GeneratioEU.

De forma previa á colocación dos contedores, realizouse unha campaña informativa mediante un stand itinerante por diferentes localizacións do termo municipal, atendido por monitores ambientais especialistas na materia, que informaron á veciñanza sobre o uso axeitado do denominado quinto contedor.

O contedor de materia orgánica estase a implantar en varios concellos da provincia. Os residuos que deben depositarse neste novo recipiente de fracción orgánica son restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cascas de ovo, de marisco e de froitos secos.

recollida selectiva contedor marron riotorto
0.2014491558075