Riotorto lembra a obriga de cumprir o novo Plan de prevención de incendios forestais
O goberno local de Riotorto lembra aos propietarios de terreos a mantelos nun estado axeitado de limpeza e coa masa vexetal rozada nunha franxa secundaria de 50 metros desde o límite do núcleo rural, rubano e tamén das viviendas que se atopan illadas e non están dentro do núcleo.
Esta norma está dentro do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia, que foi aprobado recén no Pleno.
O Plan obriga tamén a non ter plantados pinos e eucaliptos dentro desa franxa de 50 metros.
Comezará unha campaña de vixilancia e inspección para comprobar o cumprimento desta lei que, en caso contrario, levará "o inicio de expedientes sancionadores" aos titulares das fincas.
Dito Plan está a disposición dos veciños nas dependencias municipais e poderán consultalo no prazo de 30 días a contar desde o día seguinte da publicación no BOE. Tamén está nas redes sociais do Concello.