Riotorto mobilízase para esixir a cobertura das prazas médicas no centro de saúde

TerraChaXa | AMariñaXa
Na reunión, organizada polo BNG de Riotorto, decidiu constituírse un grupo de traballo formado por veciños e veciñas, baixo o nome 'Riotorto pola Sanidade Pública'
reunión-sanidade-Riotorto
12 Jan 2025

Máis de setenta persoas xuntáronse na Casa da Cultura de Riotorto para coordinar as iniciativas que levarán a cabo nas próximas semanas, co obxectivo de esixir á Xunta de Galicia que cubra as prazas de médico no centro de saúde local.

Na reunión, organizada polo BNG de Riotorto, decidiu constituírse un grupo de traballo formado por veciños e veciñas, baixo o nome 'Riotorto pola Sanidade Pública', co propósito de continuar coa mobilización ata que se recupere o funcionamento normal do centro de saúde, que leva sen atención médica estable desde mediados de novembro.

Este grupo prevé realizar unha recollida de sinaturas por todo o municipio e organizar unha protesta diante da delegación da Xunta de Galicia en Lugo, prevista para a primeira semana de febreiro.

Ademais, o BNG solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para instar ao goberno municipal a sumarse á iniciativa, facilitando tamén os desprazamentos para a mobilización.

0.15669298171997