Riotorto organiza unha comida de Entroido

TerraChaXa
10 Feb 2020

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Entroido o xoves 20 de febreiro.

A xornada gastronómica dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada polo Dúo Estrellas.

O menú, que ten un prezo de 15 euros por persoa, inclúe sopa, cocido, sobremesa e bebidas.

A data límite para anotarse é o 17 de febreiro, e terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.

Para anotarse ñe necesario chamar ao 608 897 418.

0.13733696937561