Riotorto organiza unha festa acuática fin de verán
TerraChaXa
O vindeiro día 30 de agosto o concello de Riotorto organiza unha festa fin de verán que será en horario de 16:00 a 20:00 horas.
27 Aug 2019
O vindeiro día 30 de agosto o concello de Riotorto organiza unha festa fin de verán que será en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Nesta festa haberá inchables e tobogáns no río xa que é unha actividade acuática como peche da tempada de verán.
Esta actividade é de bade para todos os asistentes para que podan desfrutar dos últimos días de lecer.
A partir das 21.00 horas haberá outra sesión de festa dirixida más aos maiores. Consistirá nunha cea a base de empanada, churrasco, postre e bebida que ten un custe dd 12 euros por persoa.
Os interesados en mercar os tickets poderán facelo dende agora na piscina.
Só pagarán os maiores de 14 anos.