Riotorto prepárase para a realización de varias obras
O Concello de Riotorto sacará a licitación estes días as obras de mellora dos accesos a Soutelo e Aligados, que teñen un orzamento de 47.000 euros e que consistirán en dotar de cinco centímetros de aglomerado en quente aos dous núcleos. Esta obra enmárcase no Plan Marco da Xunta de Galicia e ten previsto iniciarse nos próximos meses, tal e como indicou o alcalde, Clemente Iglesias.
Por outra banda, tamén sairá a licitación estes días a mellora e acondicionamento de vías municipais en Rabucorto, Abelleira e Ferrería, cunha subvención da Xunta de Galicia e as obras ascenden a 60.000 euros. As previsións do concello é que as obras estean rematadas antes do 30 setembro.
Por outra banda, remataron as obras no campo da festa de Aldurfe, ao que dotaron de aglomerado en quente nunha zona de 800 metros cun custe de 8.000 euros, todo isto antes da celebración das festas.