Riotorto terá unha festa de Entroido infantil

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido infantil o martes 21 de febreiro. A xornada, que será de 17.00 a 20.00 horas
festa infantil entroido riotorto portada
29 Xan 2023

O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido infantil o martes 21 de febreiro. A xornada, que será de 17.00 a 20.00 horas, contará con inchables e talleres ademais do tradicional desfile.

Despois da festa ás 20.00 horas, que se celebrará no pavillón polideportivo, poderase desfrutar de chocolate con churros.

Para participar non será necesario anotarse previamente no Concello.

festa infantil entroido riotorto
0.088574171066284