Roberto Trashorras será o pregoeiro das festas de Rábade
TerraChaXa
O ex-futbolista, Roberto Trashorras, será o pregoeiro das festas de Rábade, o vindeiro 14 de agosto.
9 Xul 2019
O ex-futbolista, Roberto Trashorras, será o pregoeiro das festas de Rábade, o vindeiro 14 de agosto. Roberto Trashorras naceu en Rábade, e tivo unha ampla e destacada carreira profesional, que o mantivo casi 20 años na elite do fútbol nacional.
Na súa traxectoria Roberto militou en clubs do máis alto nivel, como o FC Barcelona, co que chegou a xogar en Liga de Campións; Celta, As Palmas, Numancia e Raio Vallecano, equipo no que colgou as súas botas o pasado ano.
Hoxe Roberto continúa vinculado ao fútbol como comentarista deportivo para diferentes cadeas nacionais.
En recoñecemento á sua traxectoria, o recinto deportivo que acolle as piscinas municipais levará o nome de Roberto Trashorras.