Robra celebra as súas festas patronais con catro días de música e actividades para todas as idades

LugoXa | TerraChaXa
O venres 3 de abril, Día da Xuventude, abrirase o calendario festivo cunha gran verbena con La Fórmula
fogos-artificiais-festas-patronais
2 Apr 2026

A parroquia de Robra, en Outeiro de Rei, prepárase para vivir unhas intensas festas na honra á Virxe das Dores e Xesús Nazareno, que terán lugar os días 3, 4, 5 e 6 de abril. O programa inclúe actuacións musicais, actividades para a mocidade, festas infantís e celebracións relixiosas, convertendo a cita nun dos eventos destacados da comarca.

O venres 3, Día da Xuventude, abrirase o calendario festivo cunha gran verbena protagonizada pola coñecida orquestra La Fórmula e o DJ Miguel Cendoy, garantindo unha noite de animación para os máis novos.

O sábado 4, Día do Pobo, celebrarase unha sesión vermú a cargo da orquestra Ritmo Joven. Pola noite, a festa continuará con Ritmo Joven e Beatriz, dúas formacións que amenizarán a verbena ata altas horas.

O domingo 5, Día dos Nenos, será a quenda da orquestra Costa Dorada, que actuará tanto na sesión vermú como na verbena, ofrecendo música para todas as idades nun ambiente familiar e festivo. haberá misa ás 13.00 horas e a partir das 18.30 xogos de nenos.

As festas culminarán o luns 6 de abril, Día da Patroa, cunha misa solemne en honra á Virxe das Dores ás 13,00 horas. A continuación, haberá sesión vermú cun grupo de música tradicional.

0.11612510681152