Roimil inicia as festas cunha cea con polbo á feira

LugoXa | TerraChaXa
Completarase cunha verbena coa orquestra Olympus. O sábado estará tamén Fuego e o domingo Sonidos e Los Satélites
festa-roimil-polbo
14 Out 2024

A localidade de Roimil, en Friol, acolle este venres, 18 de outubro, unha cea con polbo á feira para dar inicio ás festas do Rosario.

Esta terá lugar desde as 20.30 horas ata as 23.30  e despois do xantar haberá verbena coa orquestra Olympus.

As persoas que desexen participar deberán reservas mesas para grupos a través de Fran (629 604 040), Gita (689 005 049) e Noel (678 205 241). O prezo é de dez euros.

Ademais, o sábado continuará a programación cunha misa solemne ás 13.00 horas e sesión vermú e verbena coa orquestra Fuego.

O domingo completarase a celebración de novo con oficio relixioso á mesma hora e sesión vermú co dúo Sonidos. Tamén haberá sesión de tarde a partir das 19.00 horas con Los Satélites.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.20003199577332