Román celebra as festas na honra a San Xoán e Santa Catalina os días 7 e 8 de xuño

TerraChaXa
O campo estará cuberto cunha carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente do tempo
festas-en-roman
4 Jun 2025

A parroquia de Román, no concello de Vilalba, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xoán e Santa Catalina os vindeiros 7 e 8 de xuño de 2025 cun completo programa de actos relixiosos e festivos.

O sábado 7 de xuño terá lugar a misa solemne ás 13:00 h, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú amenizada polo grupo Rubí. Pola noite, a verbena contará coa actuación do Grupo Rubí e da coñecida orquestra Tango, que prometen encher de ritmo e alegría o campo da festa.

O domingo 8 de xuño celebrarase unha nova misa solemne ás 13:30 h, con procesión e sesión vermú a cargo do grupo Mar de Arousa, que tamén animará a veciñanza e visitantes nunha xornada de música e convivencia.

O campo estará cuberto cunha carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente do tempo. A organización corre a cargo de Espectáculos López, coa colaboración do Concello de Vilalba, numerosas empresas locais e achegas anónimas.

⚙ Configurar cookies
0.16630291938782