Román Rodríguez e José Carlos Ulloa, novos socios de honra do belén de Begonte

TerraChaXa
As distincións serán entregadas o próximo 1 de febreiro, no decurso dos actos de clausura do nadal
novos-socios-de-honra-begonte
21 Jan 2025

O belén de Begonte vén de nomear dous novos Socios de Honra: Román Rodríguez González, e José Carlos Ulloa García.

Román Rodríguez González, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, pregoeiro do Nadal de Begonte na presente edición, "ten demostrado en repetidas ocasións o seu vencello con Begonte e a Cultura e, de xeito especial, co belén electrónico", explican desde a organización.

José Carlos Ulloa García, escritor e profesor, vén de doar ao belén a colección de seu tío, Edelmiro Ulloa -crego, creador durante varias décadas do belén do Hospital Xeral de Lugo-, composta por 31 figuras artesanais, das que algunhas xa se incorporaron ao Belén e outras ao Museo que recolle medio século de belenismo en Begonte.

As distincións serán entregadas o próximo 1 de febreiro, no decurso dos actos de clausura de O Nadal de Begonte, que organiza o Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do belén.

0.16622495651245