Román Rodríguez foi distinguido como socio de honra do Belén de Begonte

TerraChaXa
O conselleiro recibiu hoxe o título, un recoñecemento que premia o seu compromiso coa defensa e difusión desta tradición singular
roman-rodriguez-socio-honra-belen-begonte
25 Jun 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, recibiu hoxe o título de socio de honra do Belén de Begonte, un recoñecemento que premia o seu compromiso coa defensa e difusión desta tradición singular, que combina arte, tecnoloxía e cultura popular. Este recoñecemento prodúcese tras a participación do titular de Educación da Xunta como pregoeiro na 53ª edición do Belén, celebrada o pasado ano.

Ao recibir o título, Román Rodríguez agradeceu a honra concedida e destacou o profundo valor cultural e identitario desta celebración. “Este belén é moito máis que unha mostra de tradición: é unha obra viva que enorgullece a toda Galicia e representa o mellor do compromiso dunha comunidade co seu legado”, sinalou o conselleiro.

⚙ Configurar cookies
0.16247916221619