Romariz e Castromaior, en Abadín, festexan o San Xoán

TerraChaXa
A música estará a cargo de Estrellas, New Fénix e Epo-k no primeiro caso e de Superstar, D'Kriss e Belinda no segundo
romariz-festas
Cartel
20 Jun 2025

A parroquia de Romariz, en Abadín, celebra esta fin de semana as festas na honra a San Xoán. Haberá oficio relixioso os dous días, ás 13.00 horas, con procesión.

A música estará ao cargo do dúo Estrellas e o grupo New Fénix o sábado, o primeiro tamén ao mediodía, e o domingo será a vez do dúo Epo-K. Este actuará só na sesión vermú, que porá o punto e final á festa. A organización lembra que o campo estará cuberto con carpa.

Tamén está de festa Castromaior, onde haberá misa e procesión os dous días ás 13.00 horas. O sábado actuará Superstar en dobre sesión e, pola noite engadirase D'Kriss. O domingo será o dúo Belinda o que actúe na sesión vermú de final de festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá colchonetas para os nenos.

⚙ Configurar cookies
0.16939902305603