Romería de San Cosme e festa en dúas localidades de Abadín esta fin de semana
As localidades de San Cosme da Montaña e Villarente, en Abadín, estarán de festa esta fin de semana.
En Villarente renden homenaxe a Santa Margarita e as celebracións iniciaranse o venres a partir das 22.00 horas cunha churrascada popular que estará amenizada pola música de Laura Suárez.
O sábado haberá misa ás 13.30 horas e procesión mentres que a sesión vermú e a verbena contarán con La Dimensión. Pola noite tamén actuará o dúo Calú.
O domingo, depois da misa e a procesión terá lugar a sesión vermú de fin de festa, que estará cargo do grupo Alba. A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa
SAN COSME DA MONTAÑA
Esta localidade de Galgao celebra a festa romaxe na honra á Virxe do Rosario e San Cosme.
O sábado arrancarán as celebracións coa tradicional misa e procesión, á que seguirá a tradicional sesión vermú con Trío Blanca Doble, quen, xunto ao dúo Merengue tamén amenizará a verbena.
O domingo a misa será ás 13.00 horas e a sesión vermú do dúo Merengue, de novo, porá o punto e final á festa propiamente dita antes da romaxe de San Cosme, que será o martes 27.
O horario de misas será ás 10.00, 11.30 e 13.00 horas pola mañá e ás 17.00 horas pola tarde. Os Adrianos encaranse da animación musical á hora do vermú e a partir das 12.00 horas haberá comida e polbo no campo da festa, que estará cuberto con carpa.