Rosa Cedrón, primeira confirmación do Festival Aturuxo de Ourol
TerraChaXa | AMariñaXa
10 Xan 2019
A VIII Festival Aturuxo 2019 anunciou a Rosa Cedrón como a súa primeira confirmación logo de celebrar unha cariñosa benvida a Sabela Ramil de Operación Triunfo. O festival, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo en Bravos, Ourol, chega á súa oitava edición.
Neste festival pódese desfrutar dende a sesión vermú con música tradicional, un xantar popular, talleres de instrumentos e de bailes, e xa pola noite, de concertos moi variados. Este festival ten unha acampada gratuíta e buses dende a estación de autobuses de Viveiro ata Bravos. Ademais é un festival accesible para persoas xordas, xa que hai intérprete de lingua de signos.