Rosa Morán deixa a primeira liña política tras 16 anos de concelleira socialista en Cospeito
A voceira socialistas no Concello de Cospeito, Rosa Morán, anunciou a súa intención de non presentarse este ano ás eleccións municipais. Deixa deste modo a primeira liña política tras 16 anos como concelleira e comprométese a dar paso e axudar a formar listas se é preciso de cara aos próximos comicios pero non contará con responsabilidade política.
Rosa Morán, veciña de Muimenta, afirma que "16 anos é tempo suficiente para amosar o que podes facer e o que queres facer, hai que deixar paso a novas ideas e a outras persoas", explica a dirixente socialista local, que tamén asegura que foi complicado optar á alcaldía pola súa lugar de orixe. "Chegas con ilusión e pouco a pouco vaste dando conta de que hai unha norma non escrita de que neste pobo non pode ser alcalde alguén de Muimenta, e iso dificulta moito o traballo na oposición", explica.
Morán fai unha valoración positiva do seu traballo á fronte da oposición nestes 16 anos. "Sei que fixen un bo traballo e se miramos as cifras vémolo. Pasamos de ser a terceira forza política rondar os mil votos e puidemos ver como se ía vencendo a abrumadora maioría do equipo de Goberno ata obter a Alcaldía pola mímina", explica Morán.
Na súa lembranza destes anos, a voceira socialista asegura que foron conseguindo que se cambiaran as cousas, "a base de moito traballo, de moitas contas, de moitas horas mirando e pedindo documentación". Afirma que cando comezaron eran "tres novatos no mundo da política que fomos aprendendo porque non sabíamos nin o que era unha moción case, e todavía seguimos aprendendo".
Así mesmo, lévase como satisfacción persoal "o feito de que fun partícipe de como cambiaron as cousas en Cospeito, creo que o máis importante é o respecto que se lle ten agora á oposición, á que si que se lle informa e se escoita nos plenos, cambiaron moitas cousas e eu son tamén, como todos, responsable deste cambio".
Rosa Morán xa accedeu á potavocía do PSOE local como veciña activa e seguirá vinculada ao día a día do seu municipio pero agora fóra da primeira liña.
Finalmente, Morán agradeceu a todos os compañeiros destes anos o seu traballo e apoio. "Esta lexislatura por exemplo, pasou de todo e alí estivemos os catro traballando xuntos, aportando cada un o que podía e sempre de acordo e sempre unidos, foi unha gran experiencia.
O PSOE anunciarán en datas próximas que presidirá a lista socialista para as próximas eleccións, para o que Morán desexa "moita sorte e ánimo".