Roteiros da Carba organiza unha Xornada Etnográfica polos Amorillós
TerraChaXa
Trátase dunha ruta guiada polo batán de Folgoso, Lousada e Xermade
Cartel
10 Xul 2024
A Asociación Cultural Roteiros da Carba organiza este sábado 13 de xullo unha nova Xornada Etnográfica que se desenvolverá cunha andaina polos Amorillós.
Trátase dunha ruta guiada polo batán de Folgoso, Lousada e Xermade visitando muíños, a planta da luz, batáns e carboeiras. Hai dúas opcións, un treito de 3 quilómetros e o outro de 6.
Os interesados poderán anotarse no correo roteirosdacarba@hotmail.com ou no whatsapp 696 097 518. A saída será ás 10.00 horas da Ponte de Folgoso e os que o desexen poderán xantar troitas, lacón, postre e bebidas por 20 euros.