Roteiros de Pol continúa o programa o día 22 facendo a Ruta do Cocido de Samos

Pol
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
O 15 de marzo está prevista unha saída a Congosto, no Bierzo, mentres que o 19 de abril a actividade trasladarase a Vilalba
roteiros-de-pol-ruta
17 Feb 2026

A asociación Roteiros de Pol continúa co seu calendario de rutas para o período 2025-2026, que se desenvolverá ata o 30 de setembro de 2026, cunha variada programación de actividades de sendeirismo e convivencia. Desde o mes de xaneiro, a proposta inclúe saídas por distintos puntos de Galicia e doutros territorios próximos, combinando natureza, gastronomía e encontros asociativos.

O programa retomouse o 11 de xaneiro cunha ruta en Baralla, para continuar o 22 de febreiro coa coñecida Ruta do Cocido en Samos. O 15 de marzo está prevista unha saída a Congosto, no Bierzo, mentres que o 19 de abril a actividade trasladarase a Vilalba. No mes de maio, aínda sen data concreta, a asociación participará na XVII Concentración de Asociacións de Sendeirismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que terá lugar na Pontenova.

Xa no mes de xuño, o día 14, Roteiros de Pol tomará parte na XXXIX Travesía Costa Naviega, en Navia, Asturias. A programación continuará o 5 de xullo cunha ruta entre Oza e Cesures, na provincia da Coruña, e pecharase o 13 de setembro cunha ruta por Pol.

Desde a asociación lembran que este calendario poderá sufrir modificacións ou mesmo anulacións por causas que determine a dirección, ao tempo que animan ás persoas interesadas a participar nesta proposta que promove o exercicio físico, o contacto coa natureza e a convivencia entre socios e socias.

⚙ Configurar cookies
0.085847854614258