Roteiros de Pol presenta o calendario de rutas 2025
A Asociación Cultural Roteiros de Pol vén de anunciar o seu calendario de actividades para o período comprendido entre xaneiro e setembro. O programa inclúe unha variada oferta de rutas, que combina natureza, cultura e convivencia.
A primeira cita será o 19 de xaneiro, coa ruta Pedrafita do Cebreiro - As Nogais. Esta actividade destaca polo seu percorrido de 14 km de dificultade baixa, ideal para todo tipo de participantes. O programa da xornada inclúe a saída ás 08:30 horas de Mosteiro (Pol) e un xantar ás 14:30 horas tras finalizar a ruta. Os prezos para participar son de 35 euros para socios e 40 euros para non socios, e inclúen autobús e comida. As inscricións poden realizarse ata hoxe, día 16, mediante ingreso na conta da asociación.
Outras rutas destacadas do calendario inclúen a Ruta do Cocido en Baleira (febreiro), unha visita a Ponferrada (marzo), e a participación na XVI Concentración de Asociacións de Sendeirismo de Galicia e Asturias, prevista para maio en A Pontenova. En xuño, os participantes gozarán da XXXVIII Travesía Costa Naviega en Asturias, mentres que setembro pechará o programa con dúas actividades especiais: a Ruta por Pol e a conmemoración do XXV Aniversario do Grupo de Montaña Estoupo en Luarca.
Engádese tamén no programa outras como a de Betanzos, en abril, ou a de Courel en xullo.
A cota anual para ser socio manterase en 20 euros, un incentivo máis para unirse á asociación e gozar dun ano cheo de experiencias ao aire libre.
Para máis información e inscricións, animamos aos interesados a consultar as redes sociais de Roteiros de Pol.