Roteiros de Pol realiza o día 16 unha ruta entre A Fonsagrada e Montouto

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A programación do día comezará ás 8:00 horas coa saída dende Lugo, concretamente na parada de autobuses da ponte da estación do tren
ruta-roteiros-de-pol-a-fonsagrada
7 Feb 2025

A Asociación Cultural Roteiros de Pol organiza o sábado 16 de febreiro unha nova actividade de sendeirismo pola variante do Camiño de Santiago, percorrendo o tramo entre A Fonsagrada e Montouto. A ruta, cunha distancia de 14 quilómetros e unha dificultade media, está pensada para amantes da natureza que queiran desfrutar dunha xornada ao aire libre mesturando deporte e cultura.

O prezo de inscrición é de 50 euros para socios e 55 euros para non socios, e inclúe tanto o transporte en autobús como o xantar. As persoas interesadas deberán realizar o pagamento antes do xoves 13 de febreiro de 2025, ingresando o importe na conta da Asociación Cultural Roteiros de Pol en Abanca (ES76 2080 0157 9330 4000 5484), indicando o nome completo.

A programación do día comezará ás 8:00 horas coa saída dende Lugo, concretamente na parada de autobuses da ponte da estación do tren. Posteriormente, realizaranse paradas en Mosteiro (diante do Concello) ás 8:30 horas e en Rioxoán ás 8:45 horas, para logo iniciar a ruta de sendeirismo ás 10:00 horas. Ao remate do percorrido, arredor das 14:30 horas, os participantes poderán gozar dun delicioso cocido no Restaurante A Marronda, no Cádavo. O regreso está previsto para as 17:00 horas.

Esta actividade, organizada pola Asociación Cultural Roteiros de Pol en colaboración co Concello de Pol, combina natureza, deporte e gastronomía.

0.16444897651672