Roupar celebra a fin de semana as Festas do Campo

TerraChaXa
As celebracións festivas arrancarán o vernes 13 cunha liscada popular
festas-roupar
10 sep 2024

A localidade de Roupar celebra esta fin de semana as Festas do Campo, na honra á Virxe do Carme e San Caetano.

As celebracións festivas arrancarán o vernes 13 cunha liscada popular, ás 21.30 na que tamén se repatrián chourizos á sidra. A parte musical estará a cargo do grupo Pasión e Disco Móvil Plaxx.

O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas e procesión a cargo do grupo Axóuxere. A sesión vermú estará caargo do dúo D'Vicio. Estes actuarán na verbena xunto a Disco Móvil Plaxx.

O domingo repetirán os actos relixiosos e pecharanse as festas coa sesión vermú do grupo La Bamba. A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.059439897537231