Roupar prepárase para celebrar as festas do 19 ao 21

A parroquia de Roupar, en Xermade, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme e a San Caetano a penúltima fin de semana de setembro.
O venres19 haberá unha previa a partir das 21.00 horas, cunha liscada e chourizos á sidra. A continuación, terá lugar unha verbena amenizada polo trío Manhattan e o grupo Beatriz.
Ao día seguinte, a xornada dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne, procesión a cargo de Axóuxere Roupar e sesión vermú co grupo Eureka, que terá dobre sesión na verbena da noite xunto ao dj Álex Romero.
Para rematar, o domingo serán o dúo Explosión os que se encarguen de rematar as festas na sesión vermú longa. O oficio relixioso será á mesma hora.