Roupar prepárase para celebrar as Festas na honra a San Pedro Fiz os días 15, 16 e 17

TerraChaXa
Un completo programa de actividades e actuacións musicais está previsto para converter estas datas nun punto de encontro festivo para veciñanza e visitantes
programa-festas-roupar
12 Aug 2025

A parroquia de Roupar, no Concello de Xermade, ultima os preparativos para as súas tradicionais Festas na honra a San Pedro Fiz, que terán lugar os vindeiros días 15, 16 e 17 de agosto. Un completo programa de actividades e actuacións musicais está previsto para converter estas datas nun punto de encontro festivo para veciñanza e visitantes.

O venres 15 de agosto arrancará cunha festa infantil a partir das 17:00 h, con inchables, xogos acuáticos, festa da escuma e moito máis, a cargo de Puzzle Animación. A seguir, celebrarase a tradicional bola de liscos e a xornada pecharase cunha verbena amenizada polo Dúo Boreal.

O sábado 16 comezará cunha misa solemne ás 13:00 h, seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Axóuxere. A sesión vermú estará a cargo da orquestra Galaxia, e pola noite a verbena será protagonizada por Galaxia e M3-Show, prometendo unha gran noite de música e baile.

O domingo 17 repetirase o esquema coa misa solemne ás 13:00 h, novamente co grupo de gaitas Axóuxere, seguida dunha sesión vermú longa coa actuación do Dúo Maracuyá, que poñerá o broche final a tres días de celebración.

⚙ Configurar cookies
0.1279308795929