Roupar volve a renderse aos cogomelos
A carballeira do Campo será escenario dunha nova edición da Festa dos Cogomelos en Roupar. Concretamente a décimo novena que se celebrará o sábado 28 de outubro a partir das dúas e media do mediodía.
O menú -a base de empanada de cogomelos, níscalos en salsa con arroz branco, boletus con carne e sobremesa, café e bebidas- ten un prezo de 15 euros. Con todo, os menores de 12 anos poderán participar de balde.
Os interesados e interesadas en participar nesta cita que organizan o Concello de Xermade e a Asociación de Veciños O Campo de Roupar coa colaboración da Deputación Provincial, poden adquirir os tickets ata o 25 de outubro nos bares Petróleo, Moncho e Ares - Roupar-, O Paso -Candamil-, Boucello - Cabreiros-, Cristal e O Porrás - Vilalba-, A Fervenza e Daniel - As Pontes-, Pita e Casal -Xermade- e no restaurante Tino -Momán-.
A música tanto na sesión vermú coma na verbena correrá a cargo do dúo Trópico.