Rozas acolle o primeiro voo dun dron aerotaxi en España

TerraChaXa | LugoXa
ITG impulsa el primer vuelo de dron aerotaxi en Españacon su solución tecnológica de gestión de tráfico aéreo urbano
voo dron aerotaxi rozas
5 Out 2022

Estes voos forman parte das demostracións de AMU-LED deseñadas e coordinadas polo Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) en España e que tiveron lugar estes días no que foi unha das maiores e máis avanzadas concentracións de tráfico aéreo de drons de Europa.

O CIAR de Rozas acolleu este martes os primeiros voos en España dun aerotaxi sen piloto xestionado con AIRUS, un dos sistemas máis avanzados de xestión de tráfico de drons en cidades de Europa, desenvolto polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). O fito tivo lugar no marco do proxecto europeo AMU-LED, que busca avanzar na integración segura de drons en contornas urbanas.

Estes voos forman parte das demostracións de AMU-LED deseñadas e coordinadas polo Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) en España e que tiveron lugar estes días no que foi unha das maiores e máis avanzadas concentracións de tráfico aéreo de drons de Europa, con vehículos aéreos tripulados e non tripulados que realizaron máis de 30 operacións, tanto reais como simuladas.

Os voos de aerotaxi foron xestionados con AIRUS, a plataforma tecnolóxica desenvolvida por ITG e NTT DATA que permite a integración eficiente e segura de UAS (drons) no espazo aéreo e que será clave para a democratización dos servizos de mobilidade aérea urbana no futuro, xa que permitirá habilitar aerovías urbanas baixo demanda e en tempo real.

Este software incorpora os últimos avances en enxeñería de tráfico de drons para proporcionar funcionalidades ao centro de xestión como a identificación e rexistro de drons, xeoposicionamento, resolución de conflitos de plans de voo, seguimento e monitorización do voo, información de tráfico, interface con ATC (Controlador Tráfico Aéreo), xestión de emerxencias, información aeronáutica precisa e fiable, etc.

O nivel de intelixencia, seguridade, automatización e dixitalización de AIRUS permiten tráfico UAS (drons) en escenarios complexos, onde a vixilancia é obrigatoria, por exemplo BVLOS (voos que se realizan máis aló do alcance visual do piloto), contorna aeroportuaria, espazos aéreos de alta densidade de tráfico, áreas urbanas ou outras infraestruturas críticas.

A plataforma AIRUS é o froito da UMI (Unidade Mixta de Investigación) formada por ITG e NTT DATA, e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

O aerotaxi

O dron utilizado para a demostración, o EH216, é o Vehículo Aéreo Autónomo (AAV) máis avanzado do mundo. É completamente autónomo e pode transportar ata 250 kg, suficiente para transportar dúas persoas ao longo de 35 km. A aeronave, que pode alcanzar o 130 km/h de velocidade, é impulsada con enerxía eléctrica que se recarga a través dunha fonte de alimentación de 220V ou 380V en 1 hora como máximo. Acumulou 20.000 voos, 10.000 horas de voo e transportou a máis de 1.600 persoas, en doce países. O seu fabricante, EHang, é o líder mundial da tecnoloxía AAV e participa en números proxectos da UE para o desenvolvemento da Mobilidade Aérea Urbana (UAM) con socios tecnolóxicos europeos, como ITG, entre outros.

No transcurso das probas que tiveron lugar en Rozas, o aerotaxi realizou 4 campañas de voo, combinando tráfico de drons lixeiros simulado, que permitiron demostrar a capacidade do sistema AIRUS para reaccionar en tempo real a diferentes continxencias, como desvíos do plan de voo, obstáculos en pista e zonas restrinxidas no aire.
AMU-LED

O proxecto internacional H2020 AMU-LED, impulsado pola Comisión Europea e que involucra a un consorcio de 17 compañías e institucións de Europa e Estados Unidos liderado por NTT DATA, ten como obxectivo avanzar na integración segura de operacións con drons en contornas urbanas. Tras as demostracións realizadas en Reino Unido e Países Baixos, chegou a España da man de ITG, que presentou os seus avances o 28 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Neste consorcio participan un grupo de axentes moi destacado dentro do sector: Airbus, AirHub, Altitude Angel, ANRA Technologies, Boeing Research & Technology-Europe, FADA-CATEC, Cranfield University, EHang, ENAIRE, Gemeente Amsterdam, INECO, ITG, Jeppesen, NLR, Space53 e Tecnalia.

Grazas aos datos obtidos das diferentes probas, AMU-LED proporcionará información moi valiosa a autoridades reguladoras como EASA, que permitirán contribuír ao desenvolvemento e establecemento de leis e regulacións no ámbito da mobilidade aérea urbana.

0.19726204872131