Ruta de Gravel o 16 de novembro en Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza unha ruta de 20 km polas pistas de terra do concello, aberta a todos os públicos
GUITIRIZ btteando
9 Nov 2025

Este domingo 16 de novembro, as pistas de terra de Guitiriz serán o escenario dunha nova edición de Btteando por Guitiriz, unha ruta de gravel pensada para todos os niveis e idades. A actividade, de 20 km de percorrido, ofrecerá aos participantes unha forma diferente de coñecer a beleza natural do concello ao ritmo das bicicletas.

A saída terá lugar ás 10:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz, e o importante será pedaleir e disfrutar da compañía e do entorno. A ruta está aberta a todos os públicos, sen importar o nivel de experiencia, xa que a proposta busca fomentar a actividade física e a convivencia.

Para participar, só hai que inscribirse antes do xoves 13 de novembro a través do QR que aparece no cartel. A organización lembra que as prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse con antelación.

⚙ Configurar cookies
0.070672035217285