Ruth Fernández e Pablo Núñez gañan o L Certame de Xornalismo sobre o Nadal

TerraChaXa
Ademais, o xurado concedeu unha mención de honra, con diploma, a Pepe Pol
visitantes-belen-de-begonte
21 Jan 2026

Ruth Fernández Fernández foi a gañadora do primeiro premio do L Certame de Xornalismo sobre o Nadal polo artigo Equivocándonos na esencia, publicado en Galicia Digital o pasado 5 de xaneiro. O galardón está dotado con 1.000 euros e diploma e recoñece a calidade e o enfoque xornalístico do traballo presentado.

O segundo premio, dotado con 500 euros e diploma, recaeu en Pablo Núñez González polo artigo Segunda carta aos begontinos, publicado tamén en Galicia Digital o 1 de decembro de 2025.

Ademais, o xurado concedeu unha mención de honra, con diploma, a Pepe Pol polo artigo La mejor tarjetiña de Navidad, en Begonte está, publicado en Galicia Digital o 18 de decembro de 2025, en recoñecemento á calidade do seu traballo.

A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 31 de xaneiro, no marco dos actos de clausura do Nadal en Begonte.

O fallo corresponde ao xurado do L Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán e impulsado polo Belén de Begonte. O xurado estivo integrado por José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do centro cultural convocante; e José Rodríguez Gómez, secretario da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.076086044311523