Saavedra, en Begonte, estará de festa dúas fins de semana de setembro

A localidade de Saavedra, en Begonte, organiza unha festa na honra á Natividade da Virxe das Angustias, que terá lugar o 13 de setembro e a fin de semana do 20 e 21 do mesmo mes.
A festividade dará comezo o primeiro dos sábados, cunha churrascada popular ao mediodía. O dúo Epo-K será o que se encargue de animar ese día á veciñanza coa súa música.
O seguinte sábado, o 20, iniciarase o día ás 13.30 horas cunha misa solemne e sesión vermú coa orquestra Alianza, que terá dobre sesión na verbena da noite xunto ao trío Tapyoka.
O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora e, nesta ocasión, os protagonistas da sesión vermú serán o trío Manhattan, cos que se dará por rematado o día.