Saavedra prepárase para a Romería e as Festas dos Milagres

TerraChaXa
As celebracións relixiosas comezarán este domingo, día 18, mentres que as laicas serán desde o 24
SAAVEDRA-BEGONTE
17 May 2025

As tradicionais celebracións dos Milagres de Saavedra, en Begonte, repite o seu programa coa celebración das festas e o horario de misas, que se iniciaron a partir do 14 coa novena á Virxe, que finalizará o xoves 22, con rezos ás 19.00 horas da tarde e misa.

Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á Virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa.

As celebracións relixiosas comezarán este domingo, día 18, con misas ás 11:30h, 11:30 e 12:30h e pola tarde a novena, ás 19.00 horas.

O día propio dos Milagres, o sábado 24, as cerimonias relixiosas serán cada hora dende as 7.00 ás 13.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 pola tarde. A das 13.00 horas estará oficiada polo Bispo de Mondoñedo. Rematan o domingo 25 cos oficios ás 11.30, 12.30 e 13.30 horas.

E xunto coa Romería volven tamén as festas patronais, que terán como primeiro día de celebración o sábado 24 coa actuación de Punto Clave en sesión vermú e verbena, esta última xunto a Fania Blanco Show.

O domingo rematará o programa con grupo Fénix en sesión vermú.

A organización lembra que haberá servizo de comida no campo da festa ademais dos tradicionais postos gastronómicos e que tamén haberá venda de candeas para os oficios relixiosos.

⚙ Configurar cookies
0.15974092483521