Sabela quedou cuarta en Operación Triunfo

Sabela Ramil, a cantante das Pontes, conseguiu quedar 4ª finalista do programa televisivo Operación Triunfo tras un emocionante programa. Sabela volveu dar o mellor de si mesma cunha canción na súa lingua natal Tris tras, do grupo Marful, cuxa líder, Ugia Pedreira, valorou esta semana que a concursante mostrase «a súa alma galega brava ata a final».
O cine Alovi das Pontes abriu as súas portas para converterse nunha enorme televisión cuns 300 espectadores. Un lugar coñecido pola galega, porque alí actuou co grupo Muxarega e coa banda municipal de música. Sabela recorreu ás súas raíces para o momento máis importante do seu paso por OT.
O final do reality como cabía esperar, foi moi disputada. O repertorio de temas foi o seguinte, Natalia cantou Never enough, de Loren Allred; Famous, And I am telling you i'm not going de Jennifer Hudson; Alba Reche, Creep, de Radiohead, e Julia, Déjame ser, de Manuel Carrasco, ademais dos temas da primeira gala.
Na primeira criba, sempre a raíz dos votos do público, caeron eliminadas Julia e Sabela, que obtiveron unhas porcentaxes, respectivamente, do 10 e o 12 %. "Es fiel á túa esencia e ás túas raíces, pero aínda así descubríchesnos un abano de Sabela. Aí fóra xa elixirás o que queres ser, pero grazas por facernos gozar" dixolles Ana Torroja á galega.