Saborea A Mariña chega a Lourenzá

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Xan 2020

A experiencia gastronómica Saborea A Mariña chega a Lourenzá o venres 17 de xaneiro ás 18.00 horas.

Nesta actividade realizarase unha visita ao Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá, unha visita guiada á Cooperativa Terras da Mariña, poderase ver unha demostración de música e baile galego a cargo da Asociación Osorio Gutierrez no Pazo de Tovar e desfrutarase dunha degustación de produtos locais a cargo do Forno de Tovar.

Para esta experiencia hai prazas limitadas e para participar é necesario poñerse en contacto chamando ao 673 472 735 ou no email terrasdemiranda.turismo@gmail.com.

0.18623995780945