Saborea a túa provincia continúa esta fin de semana en Guitiriz

TerraChaXa
Saborea a túa provincia continúa esta fin de semana en Guitiriz. As xornadas desenvolverase nun espazo con aforo limitado
saborea a tua provincia guitiriz 1
18 Ago 2021

Continúa esta fin de semana o programa Saborea a túa provincia da Deputación de Lugo na comarca da Mariña. Esta iniciativa, que xa percorreu Viveiro e Burela a pasada fin de semana e que parará noutros 5 concellos da provincia durante o mes de agosto, celebrarase o sábado durante todo o día na Praza Conde Santo de Lourenzá, e o domingo, na Praza de Santa María do Valadouro.

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación de medidas de reforzo para a prevención da Covid-19 por 8.000€ co fin de aplicalas en todos os municipios aos que chegará o autobús do Saborea. A cita desenvolverase nunha zona acoutada co público sentado, para poder controlar en todo momento o número de persoas que accede e sae do recinto e manter as distancias entre persoas. 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, lembrou este venres que esta acción “forma parte do Plan Impulso da Economía da Provincia que temos en marcha na Deputación de Lugo e co que levamos implantando medidas ao longo da provincia para dinamizar a nosa economía e os sectores máis afectados polo impacto da pandemia, como son a hostalería, o turismo, o comercio local e os pequenos produtores”. García Porto incidiu en que “é un programa deseñado dende o prisma de que estamos atravesando unha pandemia, por iso serán actividades seguras onde haberá persoal supervisando o cumprimento das medidas, os participantes gardarán a distancia á vez que lle botamos unha man aos nosos produtores e comerciantes”. 

“Adaptaremos o desenvolvemento das xornadas ás restricións vixentes en cada momento e á situación epidemiolóxica de cada concello”, asegura Pilar García Porto, “como vimos facendo con todos e cada unha dos actos e actividades que organizamos dende a Deputación dende a declaración da pandemia”. 

Esta fin de semana o autobús do Saborea viaxará a Guitiriz, “ao redor do que se organizarán charlas, degustacións de produtos, demostracións culinarias da man de cociñeiros e cociñeiras da provincia, haberá obradoiros para os pequenos, maxia e sorteos”, indica a Deputada. 

No autobús-cociña será onde profesionais da asociación provincial de cociñeiros e cociñeiras de Lugo elaborarán receitas con produtos típicos de cada zona.  Utilizarán alimentos con distinción da súa calidade polo selo Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, como a Faba de Lourenzá, a Pataca Galega, o Pemento de Mougán, o Lacón, a Tarta de Santiago, o Mel de Galicia ou o queixo San Simón da Costa; e tamén empregarán nas súas elaboracións razas autóctonas como o Porco Celta, a Galiña de Mos ou o Vacún Galego. Faranse degustacións destas receitas e tamén de produtos de proximidade que se entregarán en envases individuais pechados para que se consuma de maneira segura e mantendo as distancias interpersoais.

Guitiriz - Sábado 21 de agosto - Campo da Feira

12:00 Apertura
12:00 – 14:00 Obradoiro de cociña para nenos e nenas
12:15 – 13:00 Demostración culinaria e degustación. 
13:00 – 13:30 Charla informativa sobre a Galiña de Mos, a cargo de Francisco Monasterio presidente de Avimos, e Diego Rois, director técnico de Avimos.
13:30 – 14:30 Animación musical: Son de Aldea
18:00 Espectáculo do Mago Rafa
19:00 Sorteo de lotes de produtos de proximidade
19:30 Actuación musical: Atlántica
20:00 Degustación de produtos

saborea a tua provincia guitiriz
0.1940860748291