Saborea a túa provincia pon en valor o galo de Mos e o queixo San Simón

TerraChaXa
Este domingo, o programa Saborea a túa provincia fixo unha parada en Vilalba. A praza da Constitución acolleu un obradoiro.
saborea a tua provincia vilalba
22 Ago 2022

Este domingo, o programa Saborea a túa provincia fixo unha parada en Vilalba. A praza da Constitución acolleu a sexta cita desta iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo, na que se realizan degustacións, demostracións culinarias e obradoiros de cociña para os máis pequenos.

Alejandro Ares, cociñeiro do Noa Boutique Hotel, foi o encargado de elaborar un dumpling de galo de Mos con espuma de queixo San Simón, que degustaron os asistentes. Atlántica e a Asociación Cultural de Andrade puxeron ritmo á xornada.

0.176677942276