Sacan a concurso os dereiros caducados de varias minas en Ourol e Muras
A Xunta de Galicia anunciou a apertura dun concurso público para adxudicar dereitos mineiros caducados na provincia de Lugo, destacando especialmente os do concello de Ourol como epicentro desta iniciativa.
Ourol, situado na comarca da Mariña, conta con 51 dereitos mineiros, o que o converte no municipio con maior número de concesións deste tipo en toda Galicia. Entre estas, 13 explotacións están localizadas no seu territorio, das cales 7 son compartidas co concello veciño de Muras.
O concurso público permitirá que as empresas interesadas presenten proxectos para a explotación destas concesións, reactivando así o aproveitamento de recursos minerais na zona. Entre os materiais que poden ser extraídos nas minas de Ourol destacan o feldespato, o caolín, o cuarzo, a lousa industrial e ornamental, o ferro e a mica. Estes recursos son de gran valor tanto para a industria como para a construción, ofrecendo unha oportunidade para dinamizar a economía local.
Ademais de Ourol, o municipio de Mondoñedo tamén figura no listado cunha explotación que sae a concurso. Neste caso, trátase dunha mina de baritina que ocupa unha superficie de 75 hectáreas, un recurso especialmente valorado na industria química e petroleira.
Con esta convocatoria, a Xunta de Galicia busca fomentar o desenvolvemento sostible da minería na comunidade, revalorizando os recursos naturais e potenciando a economía en zonas rurais.
As empresas interesadas deben presentar as súas solicitudes seguindo as bases detalladas nos anexos da orde. Constituírase unha mesa para a apertura e verificación das ofertas, e establecerase unha orde de prelación baseada nos criterios de selección especificados.
DETALLES
As concesións pertencentes ao termo municipal de Ourol son as seguintes: Varenka Olesova II, dedicada á extracción de feldespato cunha superficie de 86 hectáreas; Nova Ampliación Fracción Sexta, que explota caolín, cuarzo, lousa e outros materiais cunha superficie de 6 centímetros; Nova Ampliación Fracción Sétima, tamén para caolín, cuarzo, lousa e outros, cunha superficie de 1 centímetro; Begoña, que extrae caolín e outros recursos, cunha superficie compartida de 87 centímetros con Muras; Begoña Fracción 2ª, igualmente para caolín e outros, cunha extensión de 40 centímetros, tamén compartida con Muras; Marisa Rega Fracción 1ª, que abarca caolín, cuarzo, feldespato, ferro, mica, lousa industrial e lousa ornamental nunha área de 75 hectáreas, compartida con Muras; Marisa Rega Fracción 2ª, para caolín, cuarzo, lousa e outros, con 77 centímetros, compartida con Muras; Nova Ampliación, de caolín, cuarzo, lousa e outros e de 1 cm en Muras; Nova Ampliación Fracción Segunda, con caolín, cuarzo, lousa e outros recursos e cunha superficie de 16 centímetros, en Muras; Nova Ampliación Fracción Terceira, con caolín, cuarzo, lousa e outros recursos e cunha superficie de 1 centímetros, compartida con Muras; Nova Ampliación Fracción Cuarta, con caolín, cuarzo, lousa e outros recursos e cunha superficie de 4 centímetros, compartida con Muras; Nova Ampliación Fracción Quinta, para caolín, cuarzo, lousa e outros, cunha superficie de 6 centímetros; Sebrán, centrada na extracción de ferro, cunha área de 12 hectáreas en Ourol; Ampliación a Varenka Olesova II, destinada ao feldespato, cunha superficie de 378 hectáreas; Paula Fracción Terceira, que explota caolín e outros materiais, cunha extensión de 28 centímetros; e Elena Fracción Segunda, de caolín e outros, de 29 cm en Muras.
Polo tipo de dereito Concesión de Explotación (CE), inclúense Nuestra Señora de Itziar (de baritina y 75 hectáreas en Mondoñedo).