Sae a licitación a mellora de pavimentos e servizos no poboado pontés da Fraga

TerraChaXa
As Pontes sacou a licitación pública, a semana pasada, a sexta fase das obras de mellora de servizos e pavimentos no poboado da Fraga.
poboado da fraga as pontes
18 Oct 2022

O Concello das Pontes sacou a licitación pública, a semana pasada, a sexta fase das obras de mellora de servizos e pavimentos no poboado da Fraga.

Un proxecto cun orzamento de 162.244,19€ que será financiado, de forma íntegra, pola Deputación da Coruña e que ten como obxectivo continuar a liña de actuacións realizadas con anterioridade neste poboado para así “ofrecer mellores servizos a toda a veciñanza, apostando pola humanización dos espazos urbanos, gañando comodidade e mobilidade, facendo das Pontes un pobo máis seguro”.

Os traballos permitirán a renovación do pavimento das beirarrúas con lastras de formigón recto e a colocación de bordo nos encontros coa estrada mentres que a separación entre a beirarrúa e as zonas verdes realizarase con bordo de xardín, mantendo os criterios estruturais e estéticos das fases anteriores, empregando a mesma tipoloxía de materiais.

Estas actuacións tamén contemplan a substitución do saneamento de augas pluviais por colectores de PVC e a execución das acometidas domiciliarias. Así mesmo procederase á renovación do alumeado público coa colocación de novos báculos e luminarias ao longo da beirarrúa, coa instalación das canalizacións e dos cabreados necesarios, creándose tamén a canalización para telecomunicacións.

Ademais, entre os traballos previstos, inclúese a instalación de novo mobiliario urbano, bancos e papeleiras, en toda a zona obxecto da intervención.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18581509590149