Saen a licitación obras de mellora de varios accesos a parroquias da Pastoriza
O Concello de Pastoriza vén de sacar a licitación o proxecto de pavimentación de accesos aos núcleos de Vilar, Mazón, Seselle, Castriñeria e Francos, que se farán con cargo ao Plan Único 202o da Deputación.
O proxecto inclúe actuacións nos accesos a Vilar e escola de Pousada, Mazón en Gueimonde e, dentro de Bretoña, os acesso a Seselle, á estrada desta localidade a Castiñeira, a Francos, a Coto de Francos e a estrada Francos-Cabaleiros.
Trátase da mellora da pavimentación dos camiños referidos mediante a reparación de deformacións e roturas do mesmo, mediante recargo de grava e regos asfálticos a base de emulsión tipo ECR-3 e gravillas. Tamén se procederá á mellora da drenaxe
lonxitudinal mediante a limpeza de cunetas.
O orzamento base de licitación consignado no proxecto ascende a cantidade de 125.114,62 €, IVE incluído. O importe aboarase con cargo á partida 454.619 do vixente orzamento municipal na que se realizaran as oportunas modificacións de crédito, quedando acreditada a plena dispoñibilidade das achegas que permiten financiar o contrato. O prazo de execución da obra é de tres meses.