Saen estes días a licitación varias obras de Vilalba con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental
O alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, anunciou que están preparando os proxectos de varias obras que se farán con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e que inclúen dúas obras, a renovacion do abastecemento de augas na avenida Terra Chá, desde o campo de fútbol ata o inicio da propia avenida. O proxecto estará listo e o prego para licitación sairá esta semana. Ten un orzamento de 660.000 euros.
A outra obra que se incorpora dentro deste grupo e o abastecemento de augas da rúa Rouco Varela. "Facemos estas obras porque son as tubaxes máis antigas que nos quedan en Vilalba, teñen ademais pouca sección e causan problemas de presión". Nesta obra investiremos arredor de 270.000 euros.
Nas infraestructuras locais, hai previstas, unha no urbano e outra no rural. Así, en Vilalba actuarase nas rúas Placido Peña, Cidade de Viveiro, Domingo Goas e rúa das Pontes. A obra consistirá en cambiar as lámparadas actuais por leds para aforrar enerxeticamente. No rural actuarase no no barrio da Cotoriña, na parroquia de Insua con 50.000 euros de orzamento.
A alcalde indicou que teñen tamén un convenio con Medio Ambiente para realizar a obra de abastecemento de auga na rúa do Calvario cun importe de 170.000 euros.