Samarugo celebra as festas na honra a Santiago Apóstolo os días 2 e 3 de agosto

A parroquia de Samarugo, no concello de Vilalba, vivirá os días 2 e 3 de agosto as súas tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo, cunha programación relixiosa e musical que promete encher de animación a contorna.
O sábado 2 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha animada sesión vermú coa orquestra Chanel. Xa pola noite, a verbena estará a cargo da propia orquestra Chanel xunto co dúo Ovice, ofrecendo unha noite de música e baile para todos os públicos.
O domingo 3 repetirase o esquema coa misa solemne e procesión ás 13:30 horas, seguida dunha nova sesión vermú a cargo do grupo Fuxsion Latina, que tamén será o encargado de poñer o broche final á fin de festa.
As festas contan coa colaboración do Concello de Vilalba e co apoio de numerosos negocios locais.