Samarugo está de festa este sábado

Este sábado 4 de maio a parroquia vilalbesa de Samarugo celebra as súas festas na honra a San Xulián .
As celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa solemne con procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Fuxión Latina.
A verbena da noite contará coas actuacións orquestra Fuxión Latina e Marbella.
Dende a organización informan que o campo estará cuberto con carpa.